Galicia Ambiental e o Concello de Oia porán o foco na urxente necesidade de afrontar o problema das especies invasoras, especialmente da Cortaderiaselloana

A Asociación Galicia Ambiental advirte da necesidade de afrontar acción de control, loita e sensibilización cidadá fronte ao problema das especies invasoras e,neste caso, napresenza da herba da pampa (Cortaderiaselloana) en amplas zonas do país. Así, xuntoao Concello de Oia, o obxectivo da organización será sensibilizar ásociedade sobre este problema ambiental mediante diversas actividades. Serán impulsadas na Semana Ibérica sobre Especies Invasoras (SIEI), organizada por España e Portugal do 21 ao 29 de maiopara sensibilizar sobre este problema ambiental e económico.

As especies invasoras son unha das principaisameazas para a biodiversidade a nivel global ecausan outros impactos significativos a nivel ambiental e socioeconómico. Porén, estas cuestiónsaínda son descoñecidaspara a maior parte dacidadanía. Neste contexto, a SIEI 2022 pretende contribuír a aumentar o coñecemento e a sensibilización sobre estas especies. Trátase dunha iniciativa promovida pola Rede Portuguesa de Estudo e Gestão de Espécies Invasoras - Rede InvECO, pola plataforma Invasoras.pt e polos proxectos LIFE Stop Cortaderia e LIFE INVASAQUA. Ademais, realízase en estreita colaboración con diversas entidades, asociaciónsou grupos informais.

Galicia Ambiental, despois do parón obrigado polas medidas preventivas para o control da pandemia, retoma as súas actividades con voluntariado e os seus programas de educación e sensibilización ambiental. Así, esta primeira acción será en colaboración co Concello de Oia, sendo ambas entidades adheridasaoproxectoLIFE Stop Cortaderia (actualmente en desenvolvemento e que finaliza este mesmo ano). Ademais, Galicia Ambiental é “socio rexional” na candidatura para optar a unnovoproxecto STOP Cortaderia (sería a segunda parte do que este ano chegaaoseu fin), presentado aonovo LIFE e que comezaría a executarse en 2023.

Durante a SIEIorganizaransecharlas nos centros escolares e asociacións do municipio de Oia, culminando cunhaacción de voluntariado de extracción xeralizada de plumeiros, cartografiado de plantas e extraccióndunha área de afectación na contorna urbana. Un técnico municipal e o responsable de divulgación da asociación serán os encargados de trasladar aos distintos colectivos do Concello información sobre os riscos ambientais e de saúdedesta especie invasora, ademais de indicar a importancia de afrontar accións preventivas para evitar o seu rebrote. Esta acción de voluntariado, prevista para o 29 de maio, consistirá en percorrer, por equipos,  o termo municipal cundobreobxectivo: extraer semente e cartografiar a presenza da planta a través da plataforma habilitada polo proxecto LIFE Stop Cortaderia. Nela xa figura unha boa parte das plantas tras unha intensa identificadora desenvolvida dende o municipio, un dos máis activos nesta materia de Galicia.

Esta xornada de voluntariado rematará coa entrega para a súadestrución deplumeironovo, coque se evitará que millóns de sementes se extendan este ano polo municipio e a súa contorna. Adestruciónterá lugar nunha zona urbana do municipio onde se consolidaron varias plantas, convertíndosenunespazo “liberado” de Cortaderiaselloana e restaurado mediante a plantación de vexetación e árbores autóctonas.

Galicia Ambiental desenvolve, durante 2022, accións de voluntariado para a extracción de especies invasoras, nomeadamentecortaderiaselloana, dentro do seu programa SIN INVASORAS e considera esta acción de Oiacomo un “programa piloto” dasintervenciónslocais que se desenvolverán, no caso de ser aprobado,  dende 2023 no marco do II Programa Stop Cortaderia, do cal forma parte en representación de Galicia, agrupando a comunicades de Portugal, España (todas as comunidades cantábricas) e Francia. 

Comparte esta noticia