Saltear al contenido principal

Plantación experimental do “Voluntariado da Luz” en Chandebrito

A nova acción que levará a cabo a Asociación Galicia Ambiental será a de plantar un bosque experimental con máis de medio milleiro de castiñeiros próximos a entrada en produción nunha parcela que ademais, será aproveitada para simultanear cultivos como cogomelos. O predio será plantado por un grupo composto de medio cento de voluntarios o vindeiro 14 de marzo nunha das parcelas afectadas polos incendios de outubro de 2017.

Ver PDF nota de prensa
Volver arriba